Ficha técnica
Autor: Anónimo flamenco
Cronoloxía: Século XVII
Material: Óleo sobre cobre
Procedencia:
A Anunciación forma parte do grupo de cobres da colección que aínda responde a modelos manieristas. A súa composición evidencia a influencia dos gravados de Hendrick Goltzius e da familia Sadeler, aínda que incorpora tamén certos recursos de carácter tenebrista. Tanto a técnica de execución como as fontes iconográficas vinculan esta obra con outras pezas da mesma serie.
