Ficha técnica

Autor: Anónimo flamenco
Cronoloxía: Século XVII
Material: Óleo sobre cobre
Procedencia:

A matanza dos inocentes pertence ao grupo de cobres de carácter máis marcadamente barroco da colección, nos que se aprecia a influencia dos modelos de Rubens e dos seus seguidores. Estas composicións caracterízanse polo dinamismo, a multiplicación de personaxes e focos de atención, así como pola presenza de arquitecturas monumentais que configuran o fondo da escena, recursos claramente perceptibles nesta obra.