Autor: Atribuído a Lázaro de Velasco
Cronoloxía: ¿1033?
Material: Mármore
Procedencia: Santa María de Herbón (Padrón, A Coruña)
Coñécese como ara ou mesa de altar a unha lousa pétrea cuadrangular e de suficiente envergadura para servir coma soporte ás especies eucarísticas durante a liturxia. Este elemento, xeralmente situado na ábsida central da igrexa, debe ser consagrado por un bispo e sole contar cunha cavidade destinada a albergar no seu interior as santas reliquias. Neste caso, a peza está executada en mármore de vetas azuladas, probablemente vinculado ás canteiras lucenses do Incio. A ara destaca pola inscrición que delimita os seus catro lados que, a pesar do seu nivel de deterioro, permite datar e situar a súa orixe na igrexa de Santa María de Herbón (Padrón, A Coruña) sobre o ano 1033: “ESTA AR HARAN EN / ANO DA E(ra) M (?) XXI”. Estamos ante un dos escasos exemplos de aras románicas galegas, xa que era máis habitual o reemprego de antigas pezas romanas.
