Autor:
Cronoloxía: Segundo terzo do século XX
Material: Prata sobredourada con esmaltes e marfil
Procedencia:
O báculo é unha das insignias episcopais que se entregan durante a consagración dun bispo. Trátase dun bastón ou caxato longo, composto por unha hasta ou vara cilíndrica e unha voluta ou curvatura, a miúdo ricamente decorada e mesmo historiada.
Como insignia episcopal, simboliza o papel do bispo como bo pastor que guía e coida os seus fieis, en alusión á imaxe evanxélica de Cristo. Tradicionalmente, elabórase con madeiras nobres ou metais preciosos e, en ocasións, incorpora detalles de marfil, pedraría ou esmaltes.
O bispo recibe o báculo durante a súa consagración e debe portalo na man esquerda, coa voluta orientada cara ao pobo como expresión da súa xurisdición pastoral.
