Encargada en 1599 e rematada en 1606, o cadeirado de madeira da Catedral de Santiago de Compostela substituíu o anterior cadeirado pétreo do Mestre Mateo, artífice do Pórtico da Gloria. Esta renovación respondeu aos cambios litúrxicos promovidos polo Concilio de Trento e ao desexo de transformar e actualizar o espazo catedralicio, impulsado polo prelado e promotor do proxecto, Juan de Sanclemente.
Composto por 84 asentos, esta obra de carácter manierista foi realizada por Juan Dávila e Gregorio Español, quen, seguindo os novos postulados postridentinos, configuraron un programa iconográfico dedicado á representación da Igrexa Militante. O cadeirado e o seu programa iconográfico estaban destinados á comunidade que alí se sentaba, postulando a continuidade dos santos e mártires a través dos cóengos, quen, sentados alí, debían seguir o seu exemplo. Trátase dun programa que renuncia ao localismo dos santos e promove unha imaxe universal da Igrexa. Con todo, os cambios litúrxicos acontecidos no século XX propiciaron o traslado da peza ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes, onde, tras unha tráxica estadía, sería restaurada en 2004 e colocada no Mosteiro de San Martiño Pinario.