Ficha técnica

Autor: Anónimo castelán
Cronoloxía: Ca. 1340
Material: Madeira policromada
Procedencia: Catedral de Santiago

Grupo escultórico datado a mediados do século XIV, atribuído polas súas características estilísticas a algún taller castelán. Non existe constancia da súa chegada á catedral compostelá, sendo posible constatar que en 1382 xa se encontraba no trascoro. Esta localización débese poñerse en relación cunha serie de actuación que se levaron a cabo ante a fachada do coro mateán, por onde se accedía ao cadeirado. Tras a destrución do coro, permaneceu no trascoro sobre unhas pezas de ferro forxado polo Mestre Guilén, sobre o altar de San Xurxo, substituído polo da Soidade. Trasladouse xunto a este altar á capela de Sancti Spiritus, dispóndose no remate, en 1946. En 1996 colocouse na contrafachada de Praterías, onde permaneceu ata a súa musealización.