Ficha técnica

Autor: Hanoos Hanoos
Cronoloxía: 2024
Material: Técnica mixta sobre lenzo
Procedencia: Museo Catedral de Santiago

Hanoos Hanoos é un artista español de orixes iraquís que conta cunha longa traxectoria e obras en moitos museos e institucións. Este tríptico foi doado polo seu autor á catedral de Santiago e exhíbese por vez primeira ao público. Destaca o seu carácter narrativo que, nun primeiro achegamento nos anticipa o tema cunha densa cruz de fondo que abraza toda unha amalgama de cores que serán os encargados de introducirnos lentamente en toda unha sucesión de lecturas que van condensando en si mesmas anacos de historia sobre a vida e maxisterio, morte e resurrección da figura de Xesucristo.