Ficha técnica

Autor: Taller de Nottingham
Cronoloxía: Século XV
Material: Alabastro con restos de policromía
Procedencia: Mosteiro de San Martiño Pinario

Este relevo representa a Epifanía, coa Virxe entronizada e o Neno no centro, recibindo a adoración dos Reis Magos. Trátase dun tema moi difundido na escultura inglesa en alabastro do século XV, especialmente en talleres como os de Nottingham, que producían obras en serie para uso devocional. A composición, frontal e xerarquizada, responde a criterios simbólicos. A pesar do seu pequeno formato, destaca polo minucioso traballo de talla e os restos de policromía orixinal. Estas pezas eran comúns en retablos portátiles e altares domésticos. A súa presenza en Galicia puido deberse ao comercio artístico baixomedieval ou a dispersión de imaxes tras a Reforma protestante.