A fachada da igrexa de San Martiño Pinario, rematada por Mateo López en 1607, foi concibida como un gran retablo pétreo destinado á exaltación da Orde de San Bieito. De carácter plateresco, articúlase en tres rúas mediante pilastras almofadas, que reflicten a organización interior do templo, e segue modelos de fachada portuguesa, presentes tamén en exemplos galegos como Santa María de Pontevedra ou a Colexiata de Cangas. O acceso principal estaba pensado directamente desde a praza, a través do que hoxe é unha ventá situada sobre a porta, antes da construción da actual escaleira exterior.
O seu amplo programa iconográfico exalta a tradición e o poder da orde baixo a protección da Virxe, san Bieito e san Martiño. A Virxe ocupa o lugar central, destacando a importancia da devoción mariana, mentres outros santos beneditinos, os Doutores da Igrexa e os Evanxelistas completan un discurso de carácter propagandístico e doutrinal.
Ao longo da súa historia, a fachada sufriu dúas intervencións fundamentais. A primeira produciuse entre 1635 e 1657, cando Peña de Toro deseñou un proxecto para as torres da fachada, das que finalmente só chegaron a executarse as bases. A segunda transformación, xa no século XVIII, foi a construción da monumental escaleira exterior deseñada por Frei Manuel dos Mártires. Esta substituíu a antiga escaleira de madeira que descendía cara ao interior do templo por unha estrutura pétrea de enorme monumentalidade, converténdose nunha intervención de gran relevancia sobre o espazo urbano. Así, fachada e escaleira conforman un conxunto escenográfico no que arquitectura e escultura reforzan a representación da identidade e o poder da Orde beneditina.