A Imprenta do Seminario Conciliar foi fundada por iniciativa do cardeal Miguel Payá y Rico co obxectivo de atender as necesidades doutrinais e pastorais da Arquidiocese de Santiago. O taller iniciou a súa actividade en setembro de 1875, baixo a dirección do tipógrafo Andrés Fraile y Pozo, coa denominación de Imprenta do Boletín Eclesiástico. A súa primeira publicación foi o Boletín Eclesiástico Oficial da Diocese de Santiago de Galicia.
Instalada inicialmente nun soto do pazo arcebispal, en decembro de 1880 foi trasladada ao Seminario Conciliar. Desde 1881 adoptou o nome de Imprenta do Seminario Conciliar e ampliou a súa actividade á impresión e encadernación de libros.

