Ficha técnica

Autor: Laureano Cao Corrido
Cronoloxía: 1880
Material: Óleo sobre lenzo adherido a táboa
Procedencia: Museo Catedral de Santiago

Tratase dunha obra de carácter historicista que representa, seguindo a tradición xacobea, o descubrimento do sepulcro do apóstolo en tempos de Teodomiro, bispo de Iria Flavia, que aparece representado nunha cripta abovedada acompañado por un anxo que porta un incensario. Ambos observan os tres sepulcros de mármore, sendo o central o do apóstolo, mentres que nos laterais estarían os seus discípulos Atanasio e Teodoro. A obra concibiuse para o novo oratorio baixo o altar para acoller os restos do apóstolo tras o redescubrimiento.