Ficha técnica

Autor: Laureano Cao Corrido
Cronoloxía: Ca. 1725
Material: Óleo sobre lenzo
Procedencia: Catedral de Santiago

Encargado para a sancristía da Catedral, representa o martirio de san Andrés, iluminado dende o alto por un anxo que descende para coroalo. A figura do apóstolo, situada no centro, organiza a composición sobre unha paisaxe neboenta e dramática.
A escena destaca polos escorzos, as expresións intensas, os brillos metálicos das armaduras e o uso do claroscuro, que reforza a ruptura co ceo. A obra inspírase nunha pintura de Murillo conservada no Museo do Prado, á súa vez influída por Rubens e reinterpretada por Luca Giordano, mestre de García de Bouzas.