Os monumentos de Xoves Santo son estruturas de carácter litúrxico e temporal, instaladas con motivo desta celebración para a reserva solemne do Santísimo Sacramento. A súa concepción combina arquitectura, escultura e ornamentación, configurando un espazo específico para o culto e a adoración eucarística.

O monumento de San Martiño Pinario comezou a executarse en 1772, segundo as trazas de frei Plácido Caamiña, mentres que Xosé Ferreiro se encargou da parte escultórica. O conxunto estaba integrado por trinta e tres imaxes de madeira policromada, das que se conservan vinte e nove.

O seu programa iconográfico incluía anxos portadores dos instrumentos da Paixón, os catro evanxelistas e as virtudes teologais e cardinais. A disposición das figuras respondía a unha xerarquía simbólica vinculada á función litúrxica do monumento.

Conservadas hoxe fóra da súa montaxe orixinal, estas pezas permiten aproximase á configuración do monumento e á escultura de Xosé Ferreiro neste período, caracterizada pola serenidade das figuras, a elegancia do movemento e a unha progresiva aproximación as formas da tradición clásica.