Ficha técnica

Autor: Taller aragonés (Atr. Daroca)
Cronoloxía: Segundo terzo do século XVI
Material: Prata dourada e pintura en esmalte
Procedencia: Mosteiro de San Martiño Pinario

Enmarcado nunha estrutura de corte gótico con remate formado por dous delfíns cuxas colas se unen e forman unha flor de lis, encóntrase unha pequena placa de esmalte que representa a Coroación da Virxe como Raíña do Ceo. María, de xeonllos no centro da escena, aparece franqueada polas figuras do Pai e o Fillo e, sobre ela, o Espírito Santo. As figuras encóntranse perfiladas cunha grosa liña negra. A pesar do gran tamaño dos personaxes, intúese a estancia na que se desenvolve a acción, como o azulexado do chan ou os muros que proporcionan puntos de fuga que dan profundidade á escena. As características pictóricas desta obra permiten poñela en relación coas producións dos talleres de Daroca, ademais da súa datación en torno á primeira metade do XVI..