Ficha técnica
Autor: Manuel Landeira Bolaño
Cronoloxía: 1768-1772
Material: Óleo sobre táboa
Procedencia: San Martiño Pinario
Decorando a porta que comunicaba a statio co interior do mosteiro atópase un anxo turiferario, situado nun nicho e sobre unha pequena peana. Aparece representado como unha figura feminina, que sostén ca man esquerda o libro dos sete selos e unha cruz, mentres que co polgar suxeita a anela dun incensario que colga inmóbil da man dereita. O rostro mostra unhas faccións novas enmarcadas por unha loura e longa cabeleira. Disponse en contraposto, coa perna esquerda lixeiramente flexionada, o que provoca nos roupaxes sutil pregamento. Esta postura acentúa a intención escultórica da pintura, na que non se aprecia ningunha intención de movemento.
