Os obxectos creados pola Igrexa para o desenvolvemento das celebracións litúrxicas son obras que, ademais de posuír unha grande beleza artística, expresan espiritualidade, fe e a evolución histórica do culto. A liturxia constitúe unha linguaxe propia para manifestar a fe, na que cada elemento adquire un simbolismo particular e cada pezas, desde a casulla ata o cáliz, cumpre unha función esencial. As vestiduras, cuxas cores varían segundo o tempo relixioso, e a ourivería vinculada á Eucaristía destacan pola súa delicadeza e fondo valor simbólico. Xunto a elas, outras creacións como os relicarios ou os adornos destinados ás imaxes dos santos foron enriquecendo, ao longo dos séculos, o patrimonio das igrexas. Elaboradas con materiais preciosos, moitas destas obras sufriron espolios e perdas, o que outorga un valor aínda maior ás que se conservan hoxe. A través delas, o espectador recoñece non só a mestría dos artesáns, senón tamén a profunda unión entre arte, fe e historia que define o patrimonio relixioso galego.