A orixe do culto mariano en Santiago de Compostela remóntase á fundación de Santa María da Corticela, xa mencionado como un dos templos máis importantes da cidade no Códice Calixtino. A devoción á Virxe adquire en Compostela un carácter singular, vinculada á natureza peregrina da cidade. Neste contexto, María configúrase como a principal intercesora entre a humanidade e o divino ante os peregrinos que acoden en busca de perdón. A crenza na súa capacidade de intercesión evidenciase nas diferentes manifestacións devocionais que mostran as diferentes necesidades e sensibilidades dos fieis: dende a súa representación como mediadora ante doantes, como ocorre coa Virxe do Perdón, ata a súa presenza como imaxe titular de templos, como é o caso de Bonaval, San Xoán de Baión ou a devoción do Socorro. Así mesmo, aparece representada en escenas significativas da súa vida, como a Anunciación pintada por Gregorio Ferro, ou como Nai sufrinte representada por Cancela del Río.