Ficha técnica

Autor: Pedro González Cid
Cronoloxía: 1853
Material: Óleo sobre lenzo
Procedencia: Mosteiro de San Martiño Pinario

Tras o fin do seu desterro en 1844, motivado por ter sido acusado de colaboracionista co carlismo, e co seu regreso á sede compostelá, o prelado Frei Rafael é retratado sedente, en posición de tres cuartos, vestindo hábitos capuchinos, cruz peitoral e báculo con cruz patriarcal, aludindo ao seu rango eclesiástico, e sostendo a Biblia entreaberta, o que o amosa como defensor do dogma. En segundo plano represéntase o Colexio de San Clemente, sede orixinaria do Seminario Conciliar fundado polo propio Frei Rafael de Vélez e ao que dedicou gran parte da súa vida. Por iso, tras a súa morte, aínda que os seus restos foron enterrados na Catedral de Santiago, o seu corazón foi depositado no Seminario.