Ficha técnica

Autor: Francisco Leiro
Cronoloxía: 1991
Material: Madeira policromada
Procedencia: Mosteiro de San Martiño Pinario

A obra representa o momento no que San Martiño de Tours, aínda como soldado romano, parte a súa capa para ofrecérlla a un mendigo. Este xesto de caridade, símbolo da axuda ao próximo, foi unha constante na iconografía cristiá desde a Idade Media.
Francisco Leiro (Cambados, 1957), figura clave da escultura galega contemporánea, interpreta este episodio cunha linguaxe profundamente persoal: formas esquemáticas, cortes incisivos e xestos tensos. As figuras, de aspecto fragmentado e gran forza matérica, converten o xesto caritativo nunha acción rotunda, case violenta, que interpela directamente o espectador.
Trátase dunha peza concibida especialmente para o espazo que ocupa na cabeceira do Oratorio de San Felipe Neri; e foi encargada ao seu autor pola Xunta de Galicia con motivo do proxecto expositivo Galicia no Tempo.