Ficha técnica

Autor: Gregorio Ferro
Cronoloxía: Ca. 1809
Material: Óleo sobre lenzo
Procedencia: Catedral de Santiago

Esta obra formaba parte dun proxecto de renovación do trascoro da Catedral, ideado a comezos do século XIX pero nunca executado. Representa o momento no que san Xurxo, de rostro sereno e vestido como guerreiro, se dispón a cravar a súa lanza no dragón. Baixo o cabalo aparece a princesa Cleolinda, que contempla a escena.
A composición organízase a partir de dúas grandes diagonais contrapostas: a postura enérxica do cabalo sobre as súas patas traseiras e o corpo do dragón, orientado en sentido oposto. O manto vermello do santo reforza o movemento e o dramatismo do episodio.