Ficha técnica

Autor: José Gambino
Cronoloxía: Ca. 1770
Material: Madeira policromada
Procedencia: Catedral de Santiago

Esta escultura, realizada por encargo do gremio de azabacheiros, representa o apóstolo Santiago como cabaleiro armado, montado a cabalo e en actitude combativa. Aos seus pés aparecen figuras derrotadas, en alusión á batalla de Clavijo, tradicionalmente vencellada á súa intercesión como patrón de España. Talla en madeira e ricamente policromada, a obra combina movemento, expresividade e un minucioso traballo nos detalles téxtiles e metálicos. O seu autor, José Gambino, é unha das figuras clave do último barroco galego. Nesta peza amosa unha estética xa próxima ao gusto rococó, con formas máis lixeiras e refinadas.