A Statio ou antesancristía é o espazo situado entre a igrexa e a zona habilitada como sancristía. Considérase a antesala do altar, a antesala do ceo, ese lugar que os tratadistas do barroco representaban con cualidades corpóreas. Está formada por unha planta rectangular e unha bóveda alongada de medio canón.
No muro que separa o paso á sancristía e as portas da igrexa atópase a imaxe dun Cristo anteriormente situada no relicario de San Martiño Pinario. Polas súas características técnicas e os seus trazos, como son o cánon curto, o seu naturalismo e as faccións do rostro, podería atribuírse a un discípulo de Miguel de Romay, un dos principais artistas de Compostela na primeira metade do século XVIII.
Tamén se atopa fronte á imaxe do Cristo crucificado o retablo da Nosa Señora do Pilar, do derradeiro cuarto do século XVIII, cuxas imaxes pertencen á escola de Mateo de Prado. Pechan a estancia as portas pintadas por Manuel Landeira Bolaño, que representan temas como a Igrexa Triunfante, o anxo turiferario e un escudo da congregación de San Bieito.
Retablo de San Bieito
Fernando de Casas trázao en 1742, seguindo similares formas ao dedicado á Virxe no outro lado do cruceiro. O retablo consta de dous corpos, o inferior de tres rúas separadas por columnas salomónicas, e o superior dunha soa rúa con fornela, frontón partido e remate...
GABINETES CIENTÍFICOS DO SEMINARIO
Desde a inauguración do Seminario en 1829 e ata mediados do século XIX, as materias de carácter xeral que constituían o ensino secundario non se incorporaron á docencia, sendo no curso 1856-57 cando apareceu a materia de Física, e en 1868 a de Historia Natural. Neste...
Anunciación
Ficha técnica Autor: Gregorio Ferro Cronoloxía: Ca. 1809 Material: Óleo sobre lenzo Procedencia: Catedral de SantiagoSegue unha presentación piramidal na que a Virxe aparece axeonllada como símbolo de humildade. Entre ela e o arcanxo san Gabriel interponse unha mesa...
THECA
Situada de forma contigua á sancristía, a theca é a histórica capela das reliquias do mosteiro. Cunhas proporcións harmónicas e unha planta rectangular, este espazo foi concebido orixinalmente para custodiar e protexer elementos devocionais. A súa construción...
SANCRISTÍA
A sancristía da igrexa de San Martiño, rematada en 1740, constitúe unha das dependencias máis relevantes do antigo mosteiro beneditino. Foi proxectada por frei Gabriel de Casas e concluída por Fernando de Casas y Novoa, mestre de obras do cenobio.O espazo conserva un...
STATIO
A Statio ou antesancristía é o espazo situado entre a igrexa e a zona habilitada como sancristía. Considérase a antesala do altar, a antesala do ceo, ese lugar que os tratadistas do barroco representaban con cualidades corpóreas. Está formada por unha planta...
ORATORIO DE SAN FILIPE NERI
Coa contratación do arquitecto portugués Mateo Lopes, con motivo da renovación do mosteiro de San Martiño Pinario, iníciase o 25 de xullo de 1590 a construción dunha igrexa ex novo. O actual Oratorio de San Filipe Neri foi concibido polo arquitecto como sancristía...
MONUMENTO DE XOVES SANTO
Os monumentos de Xoves Santo son estruturas de carácter litúrxico e temporal, instaladas con motivo desta celebración para a reserva solemne do Santísimo Sacramento. A súa concepción combina arquitectura, escultura e ornamentación, configurando un espazo específico...
IMPRENTA
A Imprenta do Seminario Conciliar foi fundada por iniciativa do cardeal Miguel Payá y Rico co obxectivo de atender as necesidades doutrinais e pastorais da Arquidiocese de Santiago. O taller iniciou a súa actividade en setembro de 1875, baixo a dirección do tipógrafo...
CADEIRADO DO CORO DA CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Encargada en 1599 e rematada en 1606, o cadeirado de madeira da Catedral de Santiago de Compostela substituíu o anterior cadeirado pétreo do Mestre Mateo, artífice do Pórtico da Gloria. Esta renovación respondeu aos cambios litúrxicos...