Ficha técnica

Autor: Anónimo
Cronoloxía: S. XIV
Material: Madeira policromada
Procedencia: Parroquia de san Xoán de Baión (Vilanova de Arousa)

Esta imaxe da Virxe co Neno atopouse no ano 2018 na Casa Rectoral da parroquia de Baión. Tras o seu descubrimento, consolidouse pola empresa de restauración e, unha vez depositada no Museo Catedral pasou a incorporarse aos fondos do novo Museo Diocesano; mentres que unha réplica mantén a súa devoción na parroquia. Trátase dunha representación da Virxe coroada, como Raíña dos ceos, que presenta ao Neno e que constitúe unha boa mostra da arte popular da Igrexa compostelá na que se suman elementos góticos con reminiscencias do románico.