Ficha técnica
Autor: Escola de Mateo de Prado
Cronoloxía: Último terzo do século XVII
Material: Madeira Polícromada
Procedencia: San Martiño Pinario
Desde as súas orixes, San Martiño Pinario mantivo unha destacada devoción mariana, que a finais do século XVII traduciuse no encargo e dúas tallas adicadas a aparición de nosa Señora do Pilar o apóstolo Santiago o Maior. Ambas, integradas nun retablo neoclásico cuxa policromía imita o mármore, atribúenselle estilisticamente o taller de Mateo de Prado. As esculturas destacan polo tratamento dos pregados, finos e angulosos, concibidos para acentuar o dinamismo das figuras, especialmente evidente na representación de Santiago Orante. Pola sua parte, a imaxe mariana sigue o modelo da “Pilarica” da basílica do Pilar de Zaragoza.
