Ficha técnica
Autor: Claudio Coello
Cronoloxía: Ca. 1681
Material: Óleo sobre lenzo
Procedencia: Mosteiro de San Martiño Pinario
Representa a Virxe do Socorro, titular da súa respectiva capela na igrexa do Mosteiro de San Martiño Pinario. Segue a iconografía habitual desta devoción, segundo o milagre narrado por Alfonso X nas Cantigas de Santa María. A Virxe sostén ao Neno no brazo esquerdo mentres que co dereito agarra un pau destinado a golpear ao demo. Xesús dirixe os seus brazos cara o infante acolléndoo baixo a súa protección, mantendo ambos contacto visual, ao mesmo tempo que este último se resgarda nas saias da Virxe. O plinto sobre o que transcorren os feitos ten escrito “Nª Sª DEL PATROCI E SOCORO”. Consérvase a firma do autor estampada na tea: “…dio Coello f. Año 1618”, considerándose a errata na data un fallo do autor. Na sacristía da Catedral de Santiago consérvase unha copia desta obra realizada por Francisco Couselo del Villar en 1737.
